En Muros detido un home ao que a Garda Civil interceptou marihuana e cocaína nun control de tráfico

08 Maio 2021


remitido

Un home foi detido como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras ser sorprendido cando portaba marihuana e cocaína no marco dun control na AC-550, no municipio de Muros .

Tras darlle o acto no control para comprobar a documentación do condutor e do turismo, os axentes da benemérita percibiron que do interior do vehículo emanaba “un forte cheiro a marihuana”.

Por este motivo, procederon a inspeccionar o mesmo, no que acharon dous envoltorios plásticos que contiñan unha substancia de cor branca, “supostamente cocaína”, que lanzo un valor tras a súa pesada de 3,98 gramos.

Ante este achado, a Garda Civil realizou unha inspección ao ocupante, ao que lle incautou un envase plástico que contiña 27,8 gramos de marihuana, así como unha báscula de precisión e unha picadora.

A Garda Civil procedeu á investigación desta persoa comopresunto autor dun delito contra a saúde pública e á incautación dos efectos e substancias atopados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.