En Boiro, o Concello reforza a Oficina de Turismo coa incorporación de dúas persoas

26 Maio 2021

O Concello de Boiro vén de realizar un proceso selectivo para a contratación de persoal que reforce o servizo da Oficina de Turismo durante o verán. O proceso realizarase co financiamento da Deputación da Coruña, mediante a subvención do Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego para o gasto de persoal deste tipo de dependencias municipais durante o exercicio 2021.

O Concello lembra que a situación actual xerada pola COVID-19 fai que “o persoal de turismo e a actividade da oficina e doutros equipamentos do mesmo ámbito precisen aumentar a atención ao público para cumprir cos protocolos sanitarios”. Por este motivo, engade o Goberno local, “é preciso contar con persoal de reforzo que poida levar a cabo tarefas de control de capacidade e atención personalizada tanto na Oficina de Turismo situada na Casa Consistorial ou o Centro Arqueolóxico do Barbanza”.

Ao devandito cómpre engadir o de feito de que se estea a celebrar este ano o Xacobeo 2021, “polo que se incrementan as actividades de promoción, para o que se precisa persoal específico”, explica o Concello, engadindo tamén a necesidade de impulsar “outras accións ao longo do ano que se incrementan durante a época estival”, polo que o servizo reforzarase coa contratación dunha persoa entre os meses de maio e novembro e outra durante os meses de xullo e agosto.

Entre as accións a desenvolver están a de facilitar información ás persoas visitantes de itinerarios de interese no municipio e a comarca; subministrar información do Xeodestino Ría de Arousa; difundir eventos e actividades do Concello e outras actividades e eventos de promoción turística.

Outros artigos

Arde un vehículo na saída da AG-11 en Boiro sen causar feridos

Un incendio nun vehículo obrigou a intervir aos bombeiros do parque provincial de Boiro arredor das 18:42 horas, despois de que o 112 Galicia alertase dun lume na saída 24 da AG-11, no termo municipal de Boiro. O incidente tivo lugar no aparcadoiro de Espiñeira, onde...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.