En Boiro, o Concello achega formación alimentaria para unha trintena de mulleres

12 Maio 2021

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2020-2021 comezou cos cursos de Envasado en cadea e Seguridade alimentaria, lexislación e calidade. A formación, axeitada para impulsar a empregabilidade das participantes no ámbito alimentario, estase a realizar de forma online.

Nestas actividades concorren 33 mulleres do Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro. As persoas participantes van recibir formación en técnicas e procesado (termoselado, termoconformado, tratamento térmico, operacións de enlatado e cartonaxe), envasado por liñas de produción e en cadea, así como en rastrexabilidade (trazabilidade), seguridade alimentaria e análise de puntos críticos de control.

Estes cursos forman parte da formación ofertada no sector da alimentación, dos que xa se impartiron outras modalidades formativas como son Etiquetaxe de alimentos e Manipulador de alimentos.

Estas actividades de formación están a realizarse de xeito online, xa que o PIE combina as modalidades en liña e presencial, fomentando a conciliación familiar e laboral das participantes.

O Programa Integrado de Emprego 2021-2021 do Concello de Boiro está subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal, nel participan 100 mulleres inscritas como demandantes de emprego e ten como obxectivo a mellora de capacidades e formación para a inserción laboral.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.