En Boiro convocado o proceso selectivo para a contratación de sete auxiliares de Policía Local

19 Maio 2021

O Concello de Boiro vén de anunciar un proceso selectivo para a contratación de 7 auxiliares de policía local durante seis meses ao longo do ano. A convocatoria consiste na creación dunha listaxe de contratación de auxiliares que desempeñen as funcións de apoio aos membros do corpo da Policía Local.
O proceso selectivo contará con tres partes diferentes: física, de coñecementos e lingua galega. Por un lado as probas de aptitude física consistirá nunha carreira de 1.000 metros lisos. Ademais, un cuestionario de 50 preguntas tipo test e unha proba de coñecemento de lingua galega completarán as tres probas das que se compón o sistema de aceso. Tras este proceso, formalizaranse os contratos de traballo baixo a modalidade contractual laboral temporal.
Para poder presentarse á oferta, as persoas aspirantes deben ter unha nacionalidade que permita o acceso ao sistema público de emprego, ter 18 anos, carecer de antecedentes, ter como mínimo o título de graduado de educación secundaria ou equivalente, e ter unha estatura mínima de 1,65 para homes e 1,60 para mulleres.
O prazo de presentación de solicitude comeza este xoves 20 de maio e rematará en 10 días hábiles. Os interesados deberán presentar súa petición no Rexistro Xeral, de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 horas, ou a través da sede electrónica.

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.