En Boiro 159 aspirantes presentáronse ás probas para cubrir tres prazas de Policía Local

29 Maio 2021

O departamento de Persoal do Concello de Boiro realizou esta mañá as probas para a provisión en propiedade de tres prazas de policía local na modalidade de funcionario/a de carreira, correspondentes á Oferta de Emprego
Público do Concello de Boiro. Os exames realizáronse nas instalacións do IES Espiñeira.
As persoas aspirantes deben cumprir cos requisitos esixibles para acceder ao emprego público e tamén posuír a titulación de bacharel técnico e os permisos de conducir das clases A2 e B. Esta mañá realizáronse o primeiro
e segundo exercicio da oposición, unha proba de avaliación de coñecementos, consistente na realización por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test e tamén unha proba de avaliación do coñecemento en lingua galega, na
que os aspirantes tiveron que facer a tradución dun texto do galego ao castelán e outro do castelán ao galego.
Os dous exercicios do exame realizáronse esta mañá no IES Espiñeira, aos que se presentaron un total de 159 aspirantes dos 318 convocados.
Ademais dos membros do tribunal, para o correcto desenvolvemento das celebración das probas colaboraron unha trintena de persoas de persoal municipal para control e organización.

Outros artigos

A marca Dior contrata á deseñadora boirense María Alborés

Un dos deseños de María Alborés Mesturar o luxo da marca Dior co arrecendo a mar de calquera porto de Boiro é xa unha realidade. E detrás desa confluencia case imposíbel convertida agora en realidade atopamos a unha moza galega de 28 anos que se chama María Alborés...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.