Chispetrén, cámping Ría de Arousa e Orlando reinan na Volta a Ons

30 Maio 2021

A regata coroou ao Chispetrén do Club Náutico Arousa Norte como primeiro da clasificación xeral valedoira para a Copa Galicia de Cruceiros.

Cun lixeiro retraso de 20 minutos debido á inestabilidade do vento, deuse a saída á 13° edición da clásica regata Volta a Ons. A frota, nerviosa nos primeiros instantes, obrigaron a fiar fino ao comité de regatas que se viu obrigado a cantar varios fóra de liña, o Mar de Frades, o Orlando, o Ziralla e o Forza 4 saíron antes de tempo, o que os obrigou a retomar a saída.
Tras pasar a baliza de desmarque, os a priori favoritos en tempo real tomaron a cabeza da frota e izaron os spinnakers, que se manterían izados ata o sur da illa de Ons, con algunhas interrupcións por roles de vento. Nese tramo, o Corsario, o flamante First 50 de Jorge Durán do Club de Iates de Villagarcía puxo metros polo medio cos seus rivais.
Ao redor das 14:30, o Corsario viraba na illa de Onza, e segundo avanzaba a regata era máis a distancia que lle sacaba aos seus perseguidores. Finalmente, unha pequena baixada de vento nas proximidades da Pobra, provocou que o tempo de vantaxe sobre o Chispetrén quedase en 34 minutos, tempo que non lle chegou para levar a vitoria da clasificación xeral nin da división “Atlantic Dental Institute”, que foi parar a mans do barco representante do club
organizador por tan só 8 segundos en tempo compensado. Terceiro nesta clase e tamén na clasificación xeral foi o Forza 4, de Carlos García, do Real Club de Mar de Aguete, que se puido repoñer a pesar do seu fóra de liña inicial por escasos metros.

Tripulación do Chispetrén do CN Arousa Norte, vencedor da regata en clase ORC A e xeneral da Copa Galicia

Na división “ Cavano Arousa”, houbo unha bonita pugna entre o Cámping Ría de Arousa e o Mar de Frades – Cruceiros Peregrín, pelexando pola primeira posición que finalmente deu como vencedor ao Cámping de José Manuel Pombar. A outra pugna da clase foi por entrar no podium entre o ribeirense A Píllara e o Sempre Volve, de Luís Miguel Gonzalez, do C. N. Arousa Norte, que se decantou ao lado deste último debido a un erro da Píllara no paso dunha das
balizas, que lle fixo tomar a decisión de retirarse da proba para así mostrar os principios de deportividade que rexen este deporte.

Cámping Ría de Arousa, vencedor na división Cavano Arousa_

Na división “Clínica Dr. Gonzalo López”, incuestionable dominio do Orlando, de Gerardo Sánchez-Brunete, que se soubo repoñer á perfección do fose de liña para ensinarlle a popa a todos os seus rivais. Unha decisión táctica arriscada do Piko Norte ao irse cara ao leste despois de pasar a illa de Rúa, fíxolle ceder metros que ao cabo serían definitivos. Segundo posto por tanto para o Piko Norte, de José Manuel Castro do Náutico Boiro e terceiro para o rianxeiro Piolín, que tras adiantar ao San Bernabé pouco despois de virar o desmarque, púidose manter por diante toda a regata.

Orlando, do Ro E. C., vencedor na división Clínica Dr. Gonzalo López

Ao finalizar a proba, un sinxelo acto de entrega de trofeos, onde só estaban convidados os patróns das embarcacións e onde o presidente do club organizador agradeceu publicamente o compromiso e a colaboración das empresas patrocinadores deste evento: Atlántic Dental Institute, Clínica Gonzalo López Castro e Cavano Arousa.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.