Catro detidos, veciños de Santiago e Ribeira, por roubos en empresas por valor de 50.000 euros

05 Maio 2021


A Garda Civil do Posto Principal Boiro detivo a catro persoas, tres veciños de Santiago e un de Ribeira, como presuntas autoras de catro delitos de furto en empresas por valor de 50.000 euros.

remitida

Os feitos sucederon por mor das denuncias interpostas polos responsables de varias empresas xa que segundo indicaron, sufriran varios furtos nos seus negocios, os cales se sitúan nos polígonos industriais das localidades de Boiro e A Pobra do Caramiñal.

En concreto, denunciaron a subtracción de material para a fabricación de maquinaria industrial para a industria conserveira, revestimento de fachadas e tellados e armazones metálicos para o encofrado de formigón, descoñecendo a autoría dos mesmos.

A Garda Civil investigou os feitos no marco da denominada ‘Operación Máis metal’ para constatar a súa veracidade, a recuperación dos efectos subtraídos e a identificación plena do autor ou autores dos mesmos.

No transcurso da investigación os axentes pescudaron a identidade dos responsables dos feitos e lograron a localización da maior parte dos efectos subtraídos.

A Garda Civil procedeu á detención destes individuos como presuntos autores de catro delitos de furto continuado e á recuperación dos efectos localizados.

Os detidos, xunto coas actuacións realizadas e os efectos recuperados, foron postos ao dispor do Xulgado de instrución de garda de Ribeira.

Outros artigos

As festas do Carme dos Pincheiros contan cun Espazo Violeta

O Concello da Pobra do Caramiñal contará cun Espazo Violeta durante as festas do Carme dos Pincheiros 2026. O punto estará situado na praza do Alcalde Segundo Durán e permanecerá operativo durante catro xornadas das celebracións. O Espazo Violeta estará dispoñíbel o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.