“Bos e Benéficos”- jacob iakob

28 Maio 2021

Normalmente, non me lembro demasiado da miña etapa como estudante na Facultade de Dereito da USC. Certo que ao principio entrei con moita ilusión nas súas aulas, embebido desa imaxe idílica que nos transmitiron no último curso do colexio tras unha cerimonia de gradación onde non faltou o Gaudeamus Igitur cantado a capela. Inocencia e idealismo ían da man, aínda que non tardariamos moito en darnos de bruzos co Leviathan que habita en cada un dos despachos departamentais.

Até entón, debo admitir que a maioría eramos como aqueles liberais que no seu día se reuniron no vello Cádiz asediado polos exércitos napoleónicos, e que, malia as circunstancias adversas, conxuráronse para dar a España un texto legal chamado a ser a súa primeira Constitución. Era hora de pór fin aos conceptos absolutistas. Mesmo ao !despotismo ilustrado”, e pensar dunha vez por todas como país moderno. Pois como non podía ser doutra forma, aqueles seres virtuosos cometeron un gran erro. Esqueceron o noso proverbial cainismo e deron por feito que xa libres do xugo francés, renaceriamos como exemplo de liberdade e equilibrio. Quizá por iso o seu primeiro artigo incidía en que “Todos os españois serán bos e benéficos”.

Fabuloso. Cal é o problema entón? Que tras mandar aos “mozos do corso” Pirineos arriba, volveu Fernando VII e a xente entoou o nefasto Que vivan as cadeas.

Pois despois de case douscentos dez anos non é que esteamos igual. Pero entre os inxenuos e os que nos queren facer comungar con rodas de muíño, a situación dista moito de ser idílica. Algún dirá… E todo isto, a que vén? Moi sinxelo. Os pais da primeira Carta Magna podían ser idealistas, pero non parvos. Crían firmemente no seu concepto de estado, e se algunha pega pode pórse ao seu labor, é o de ser demasiado avanzados. A xente non estaba preparada para asumir os seus dereitos e preferiron quedar anquilosados no caudillismo de sempre.

Hoxe o problema é outro. Contamos con xeracións ben formadas, pero o espírito acomodaticio converteuse en norma. Ante isto, atopámonos cun temoneiro que non dubida en levar a nave ao seu gusto, aínda sabendo que moitas veces retorce as normas de forma espuria. Exemplo palmario diso é o indulto que pretende liberar aos secesionistas cataláns sen importar a opinión contraria do propio Tribunal Supremo e de figuras de prestixio como o ex-presidente González. Saben que faría eu de ser letrado en exercicio se isto confírmase? Pediría unha reunión de penalistas de todo o país. Unha vez de acordo, esixiriamos a inmediata excarceración de todos e cada un dos nosos clientes condenados por calquera tipo de ilícito. De non ser atendidos, elevariamos recurso ante o Tribunal Constitucional en base á vulneración do Artigo 14 da Constitución vixente, onde se recolle o principio de igualdade ante a Lei. Se o Goberno segue negándose, acudiriamos de inmediato ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, onde exporiamos o asunto pondo de manifesto o “agravio comparativo” entre os casos dos nosos defendidos e os políticos que se beneficiaron dunha medida de graza sen mostrar arrepentimento e con firme propósito de reincidir na conduta que deu pé á súa entrada en prisión. Parécelles absurdo? Ao meu ver tamén. Máis aló da letra da norma ou do seu espírito, está a ética. Non quero ver na rúa a un terrorista. A un narcotraficante. E menos aínda, a Abuín Gey.

Pero claro. Algúns nos debemos aos principios por enriba de intereses. Ou o que é o mesmo neste caso en cuestión: ao gusto desmesurado pola poltrona presidencial. Haberá quen diga: moi fácil. O indulto debe asinalo o rei. Pois que Felipe VI se arme de valor e non rubrique. Claro. Ímonos pasando a pelota duns a outros e ao final resulta que a culpa “non era miña”. Pero si o é. Porque os españois, mal que pese, nunca fomos “bos nin benéficos”. É máis. Quen pretende selo, acaba tachado de parvo. O triste é que neste caso concreto non hai bos nin parvos. Só individuos que se teñen pillados polas “gónadas” e que antepoñen os seus intereses particulares á aplicación da lei.

Isto terá consecuencias. Produciranse reaccións. E a moitos, entre os cales me inclúo, non lle vai a gustar ver como o país volve dividirse en dous bandos irreconciliables. Xa pasou unha vez, e choramos todos.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.