Boiro segue en nivel medio-baixo e con incidencia acumulada estábel

03 Maio 2021

O Concello de Boiro celebrou na mañá deste 3 de maio unha nova sesión da Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19, unha xuntanza que se celebra con periodicidade semanal e que ten o obxectivo de facer balance da situación epidemiolóxica a nivel local e determinar as vindeiras medidas de control a tomar. Segundo se confirmou, a raíz dos datos publicados polo SERGAS, o número de novos positivos e a incidencia acumulada segue estábel e o municipio mantense en nivel medio-baixo.

Tamén se fixo saber que o departamento de Servizos Sociais continúa coordinando todas as necesidades derivadas de persoas con positivo.

Asemade, fíxose o habitual balance das actividades levadas a cabo pola Policía Local, que interpuxo na última semana un total de 2 sancións por incumprir as restricións para o controla da situación epidemiolóxica. Unha delas polo uso indebido de máscara e outra por non respectar o toque de queda.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.