Boiro, en nivel medio de restricións

31 Maio 2021

O Concello de Boiro celebrou na mañá deste 31 de maio unha nova sesión da Comisión de Seguimento da Evolución da COVIV-19, mesa de traballo que se celebra semanalmente para facer balance da situación epidemiolóxica do municipio e determinar as seguintes medidas a tomar. Segundo se confirmou, Boiro mantense no nivel medio de restricións, polo que as capacidades máximas para a celebración de eventos culturais e deportivos con público están limitadas ao 30% da capacidade máxima.

Amais, lembrouse na sesión “que as agrupacións máximas de persoas poden ser de 6 en espazos interiores e 10 en exteriores e a mobilidade está permitida entre municipios, agás aqueles que se atopan en nivel máximo como é o caso da Pobra do Caramiñal”.

Tamén se volveu facer balance do traballo realizado estes días polo departamento de Servizos Sociais, que coordina as necesidades xurdidas dos casos positivos e realiza a derivación a Protección Civil para casos de recollida de lixo ou a Cáritas e Cruz Vermella para alimentos e outros bens de primeira necesidade.

Igualmente púxose o foco no labor da Policía Local, que mantén o control da poboación para garantir que se cumpran todas as restricións decretadas polas autoridades sanitarias para evitar que se propaguen os contaxios. Nos últimos días non se interpuxeron sancións por incumprimento das medidas de prevención específicas.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.