Boiro, en nivel medio de restricións anti-COVID

24 Maio 2021

O Concello de Boiro celebrou na mañá deste 24 de maio unha nova sesión da Comisión de Seguimento da Evolución da COVID-19, que se realiza de xeito semanal para coñecer a incidencia da pandemia no municipio e as medidas a tomar para frear o avance do coronavirus. Segundo fixeron saber os participantes na sesión, Boiro atópase dende este sábado no nivel medio de restricións, “o que afecta ás capacidades máximas na hostalaría e tamén á hora celebrar espectáculos con público ou xuntanzas”.

Asi, o mercado semanal que se celebra todos os martes no municipio ten menos de cen portos polo que se están a instalar na súa totalidade “respectando as medidas de seguridade”, confirmaron dende a comisión, engadindo que Servizo Sociais segue a realizar a coordinación de todas as demandas derivadas da pandemia e persoas con positivo, como poden ser as necesidades de recollida de lixo por parte dos operarios de Protección Civil ou entrega de alimentos e outros bens.

Amais, na sesión fíxose balance da actividade recente da Policía Local, que tramitou nos últimos días un total de 8 sancións por incumprimento das restricións decretadas para o control da situación epidemiolóxica. 4 polo uso indebido de máscara; 2 polo incumprimento da restrición de xuntanzas de persoas non convivintes; 2 por comer ou beber na vía pública sen respectar as medidas de seguridade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.