Amicos busca ao máis galego para conmemorar o Día das Letras a través do “Galegímetro”

18 Maio 2021

En Amicos siguen conmemorando o Día de Letras Galegas e están a buscar a persoa máis galega. Os usuarios de Amicos montaron un stand no centro de Boiro denominado o Galegímetro, onde as persoas se foron
achegando para comprobar a súa galeguidade.
Para pasar a proba do Galegímetro tiñan que contestar unhas preguntas referidas a historia de Galicia: en que cidade se atopan as Burgas? Cal é a provincia de Galicia que non ten mar? Quen escribiu Follar Novas?; estas e moitas máis preguntas son as que tiveron que pasar os veciños de Boiro.
Se acertaban tres cuestións, recibían un premio feito polo compañeiros de Amicos. O obsequio tratáse dun imán de barro en forma de cuncha de Santiago que nos recorda ao Xacobeo.
Diferentes veciños se pasaron polo stand para poder conseguir o premio. Ata se someteu á proba a presentadora Noelia Rey do Malicia Noticias da TVG que estaba pola zona facendo unha reportaxe.
Mañá, mércores 18 de maio, estarán na Avda Malecón de Ribeira e o xoves 19 en Noia na rúa Curro.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.