A veciñanza do Son familiarizouse cos mellores xeitos de atallar as lesións deportivas

27 Maio 2021

Na tarde deste martes 25 de maio a área de Deportes do Concello de Porto do Son desenvolveu un curso gratuíto de vendaxes funcionais para a prevención e/ou recuperación de lesións deportivas. Os contidos viñeron da man de José María Caamaño Monteagudo, fisioterapeuta especializado neste tipo de mancaduras ligadas ao exercicio físico. O curso, segundo salientou o Concello, tivo gran acollida entre a veciñanza.

O obxectivo desta acción formativa foi concienciar á poboación da importancia de practicar deporte con seguridade e previr lesións, ademais de subministrar destrezas e habilidades para poder realizar eleccións saudables relativas á práctica do deporte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...