A veciñanza de Boiro interésase pola iniciativa do Concello de transformar baixos comerciais en vivendas turísticas

07 Maio 2021

O Concello de Boiro, a través da área de Urbanismo, puxo en funcionamento un servizo de información e consultas sobre a transformación de antigos baixos comerciais en vivendas de uso turístico. Estará a disposición de todas as persoas interesadas. Este 6 de maio celebrouse a primeira xornada de consultas, na que foron atendidas sete persoas interesadas en dar unha segunda vida aos seus baixos.

Con esta iniciativa o Goberno local ten como obxectivo “dar impulso ao comercio e á hostalaría do municipio” e contribuír “á dinamización do tecido empresarial e económico á vez que se mellora a imaxe das zonas urbanas e se reduce a presión económica sobre os pisos en venda ou aluguer”.

Ao fío desta iniciativa, o departamento de Urbanismo xa atendeu máis de 20 chamadas de persoas interesadas na cuestión e concretou 7 citas presenciais para asistencia, cuxas dúbidas foron atendidas este xoves. Logo destes primeiros encontros, o Concello puido comprobar a existencia de dous posíbeis baixos convertidos en establecementos tipo hostel. As cinco consultas restantes tiveron relación con posíbeis aloxamentos turísticos (unha ou dúas unidades por local).

A seguinte xornada informativa para atención de citas vaise celebrar o xoves 20 de maio, para o que é preciso concretar cita previa no departamento do Urbanismo do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.