A rúa Paseo da Ribeira en Rianxo ficará pechada por obras a partir do 1 de xuño

A rúa Paseo da Ribeira de Rianxo permanecerá pechada por obras a partir do 1 de xuño. Isto producirá unha reorganización da circulación rodada no casco urbano da vila. A duración prevista da obra é de 15 días aproximadamente. Por iso, dende a Policía Local de Rianxo apelan á colaboración cidadá para que ditas modificación puntuais de reorganización do tráfico non causen mais molestias.

En xeral, o tráfico reorganizarase da seguinte maneira: os vehículos pesados utilizarán o acceso dende a rúa Rinlo, estrada de Rianxiño, Arcos Moldes, Fincheira, Xogo dos Bolos, Carretera de Tanxil e zona portuaria para acceder ou saír do centro.

Na mesma liña, os vehículos lixeiros poderán circular polo Paseo da Ribeira ata a zona do estreito e deberán usar rutas alternativas ó treito comprendido entre o inicio do estreito e o peirao da T. En canto o transporte público, procederase a cambiar a localización da parada de autobuses e do servizo de taxis para a zona do peirao de Setefogas. Nesta zona, os transportes funcionarán con normalidade e habilitarase unha área provisional de carga e descarga e estacionamento express.