A Policía Local de Boiro fará controis de velocidade nos puntos máis conflitivos do municipio

26 Maio 2021

A Policía Local de Boiro vai participar entre o 27 de maio e o 8 de xuño nunha campaña de control de velocidade de vehículos da Dirección Xeral de Tráfico. Esta acción ten como finalidade “fomentar a seguridade viaria no municipio, facendo fincapé nos puntos máis conflitivos e nos que se cometen mais infraccións polo exceso de velocidade”.

A furgoneta da Dirección Xeral de Tráfico, equipada con cinemómetro está estes días a disposición dos axentes de Boiro para facer controis preventivos. Esta medida está englobada nas accións que os axentes levan a cabo en materia de mobilidade para previr accidentes e outras incidencias ocasionadas polo exceso de velocidade.

Os controis entre os días 28 de maio e 8 de xuño vanse realizar nas vías urbanas e interurbanas, poñendo o foco nas estradas periféricas do municipio “ao ser os lugares nos que os axentes detectan os puntos máis conflitivos ao infrinxir os límites”, sinala o Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...