A Policía Local da Pobra contará nos meses de verán con tres axentes en prácticas

24 Maio 2021

A Policía Local da Pobra disporá a vindeira tempada de verán de tres axentes en prácticas para adquirir formación práctica ao tempo que fortalecen o labor do corpo policial. O Concello confirmou que a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) achegou a proposta das persoas designadas para ocupar as tres prazas delegadas.

O curso selectivo comezará no día 31 de maio de 2021 e estenderase ata o día 31 de xaneiro de 2022, se ben terán dous períodos de prácticas que realizarán no municipio.

As persoas designadas achegáronse á localidade para presentar a documentación e foron recibidas polo alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e polo xefe da Policía local, José Manuel Cameán, quen lles mostraron as dependencias. Así mesmo, tiveron unha entrevista co concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra).

A primeira quenda de prácticas transcorrerá do día 10 de xullo ata o día 5 de setembro de 2021, mentres que a segunda será dende 23 de decembro de 2021 ata 31 de xaneiro de 2022.

Unha vez completado o curso pasarán a ser funcionarios, polo que o cadro de persoal estará conformado por 10 policías, sen contar os/as auxiliares.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...