“A mentira necesaria” – Manuel Domínguez

20 Maio 2021

A mentira necesaria.

A mentira que tolero, permito e comprendo.

Estou a ver a membros do Goberno falar das relacións do Goberno con Marrocos e vexo como menten con silenciosa dor, cousas da diplomacia, cousas dos intereses económicos, intereses xeopolíticos, pero á súa vez como manteñen un respecto polo polisario ou polo pobo saharauí.

Razóns, Marrocos xa todos sabemos o que nos pode facer, pero recordemos que Alxeria pode cortarnos o envío de gas, e iso quere dicir que quedaremos sen calefacción, os medios de transporte paralizados… a crise que Alxeria pode causar é enorme.

Así se ten que utilizar unha linguaxe de dobre lectura.

Até o momento que isto escribo non se permitiu utilizar a forza do poder familiar que ten o rei emérito Juan Carlos, que mantén relación de familiaridade co rei de Marrocos.

Por outra banda, temos aos traidores, os que odian á patria, a España, como o Puigdemont que bota gasolina falando de Ceuta e Melilla, non sabe que Ceuta e Melilla eran españolas antes de existir o reino marroquí, cousa de ignorancia? Non, cousas de odio a España facer mal, polo propio mal.

Agora nestes difíciles momentos é cando se bota en falta, cando é necesario aplicar os coñecementos de diplomacia.

Hai que entender que a vida nin todo é negro nin todo branco, hai un amplo matiz de grises.

Aos amigos hai que telos preto, pero aos inimigos máis preto.

Sen coñecemento non hai liberdade.

Outros artigos

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.