A Deputación enxalza en FITUR o potencial dos nosos xeodestinos para a recuperación do sector turístico

21 Maio 2021

Xosé Regueira defendeu o bo posicionamento dos xeodestinos da Coruña para a recuperación do sector turístico despois da crise na Feira Internacional de Turismo, FITUR, que se está a celebrar en Madrid. O vicepresidente e deputado da Deputación da Coruña destacou a calidade dos recursos e produtos para responder ás novas demandas do turismo despois da COVID-19.

Segundo Xosé Regueira, “en FITUR estase a comprobar que institucións e entidades ofrecen a seguridade dos destinos e no noso caso é unha realidade desde sempre polo que temos moitas potencialidades para que, no novo paradigma, saiamos fortalecidos no mercado”.

O deputado sinalou nas súas intervencións o lema da campaña de promoción da Deputación da Coruña, 956 kms de costa e un camiño infinito, como reclamo para quen busca espazos abertos, paisaxe, tranquilidade e destinos saudábeis. Ademais, afirmou que “temos un territorio moi rico, con moitos camiño e tres cidades e produtos extraordinarios que son unhas xoias que o mercado vai buscar, con ingredientes para triunfar e que contribuirán a dar valor á cadea do turismo e xerar riqueza, emprego e benestar”.

Doutra banda, o vicepresidente da Deputación da Coruña anotou que traballa por un “perfil de turista consciente, interesado no territorio e sensibilizado coa sostibilidade, responsábel, que deixe retorno pero que sexa consciente de que a nosa veciñanza é tamén importante no obxectivo da viaxe”. Xosé Regueira aposta por todo tipo de perfís, que busquen gastronomía, cultura, patrimonio, deporte, paisaxe e autenticidade. En xeral, unha oferta “diversificada, personalizada e de moita calidade”.

En definitiva, Regueira participou en numerosos actos de presentación no programa de FITUR como desde a propia presentación do proxecto de Cabo Ortegal como candidato a Xeodestino pola UNESCO até as organizadas pola Mancomunidade Barbanza Arousa, Ría de Muros-Noia ou Ferrolterra-Rías Altas, entre outras.

Ademais, o concelleiro está a colaborar en numerosos encontros con medios de comunicación especializados e reunións profesionais co obxectivo de promocionar os xeodestinos e deseñar novas liñas de acción na estratexia turística da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.