A Deputación da Coruña estrea canle informativa por WhatsApp

18 Maio 2021

A Deputación da Coruña vén de habilitar unha nova canle de comunicación vía WhatsApp, achegando aos cidadáns unha nova vía que lles permitirá estar informados da información da Administración provincial a través do seu móbil e de xeito instantáneo.

Os interesados ou interesadas en recibir nos seus móbiles as novas da Deputación de interese provincial e a relacionada co seu municipio deben enviar a palabra ALTA máis o nome do concello do que desexen recibir a información ao número 690 115 189 (exemplo: ALTA RIBEIRA) e, a partir dese momento, comezarán a recibir as novas. Para anular o servizo basta con enviar BAIXA ao mesmo número.

A través deste servizo a Deputación comunicará tanto información de servizo, como diferentes novas da xestión provincial que afecten aos diferentes municipios e tamén datas de eventos deportivos, culturais, etc.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.