A aula CeMIT de Boiro achega en xuño novos obradoiros para mellorar as destrezas tecnolóxicas e os currículos da cidadanía

20 Maio 2021

A aula CeMIT do Concello de Boiro vai deparar á poboación local, este mes de xuño, novas oportunidades para mellorar a súa formación tecnolóxica, tan necesaria hoxe non só para comunicarse e obter información, senón tamén para traballar, mercar ou facer trámites coas administracións. Trátase dunha serie de cursos de formación presencial e online, centradas en sistemas operativos, tratamento de imaxes ou ferramentas de xestión. As prazas son limitadas. As inscricións poden facerse mediante o enderezo electrónico axentetic@boiro.org, o teléfono 981 84 26 35 ou vía Whatsapp no 629 769 139.

Entre os cursos presenciais que se ofertan están o de edición de imaxes con GIMP, que se vai realizar os días 7, 8, 9 e 10 en horario de 10 a 12 horas de forma presencial na aula CeMIT do Centro Social; curso de administración nivel usuaria/o sistema Windows 10, que se vai realizar os días 14, 15, 16, 17 horario de 10.00 a 12.00 horas. A formación de deseño gráfico de Inkscape, vai ser os días 21, 22, 23 e 24 de xuño no mesmo horario.

No mes de xuño desenvolverase tamén formación online cun taller de Hoosuite (xestor de redes sociais) que se vai impartir do 7 ao 10 de xuño de 10.30 a 12.30 horas e un obradoiro de Grantt Projet para planificación de proxectos, que se vai realizar do 14 ao 17 de xuño no mesmo horario. Entre a formación online que se desenvolve na CeMIT, o Concello de Boiro lembra que aínda hai prazas dispoñíbeis para o actividade sobre posicionamento web, que comeza o día 31 de maio e remata o 3 de xuño, en horario de 10.00 a 12.00 horas.

Outros artigos

Deputadas nacionais do Psoe visitan AMICOS en Boiro

Ás representantes políticas no Congreso acompañáronas o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus Paula Mª Fernández e María Montserrat García visitaron a tarde deste martes, 14 de maio, as instalacións do Centro de Atención...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...