Teatro Atlántico leva a Rianxo o espectáculo Libre coma os paxaros

18 Abril 2021

O vindeiro sábado 24 de abril, o Auditorio Rianxo acollerá o espectáculo Libre coma os paxaros de Teatro Atlántico dirixido a un público maior de 14 anos. A actuación, que dura 60 minutos, ten como temática principal o crime galego e chega como motivo da celebración do Día do Libro.
Libre coma os paxaros trata dunha muller que toma a palabra e proclámase posuidora da súa liberdade, sen someterse ás regras establecidas na arte. Na súa literatura denuncia o espolio do patrimonio forestal, a traxedia da emigración, á fame e á miseria. A protagonista trátase de María Rosalía Rita de Castro, poeta galega pioneira do pensamento libre que se gaña o respecto e admiración por parte de todos.
O espectáculo está programado para as 20:30 horas, e a entrada é de balde. Así, tódolos interesados poderán facer a súa reserva de localidades no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas, ou a través do teléfono 981 100 688.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.