Ribeira inaugura este venres un novo tanatorio en Xarás

23 Abril 2021
Tanatorio de Ribeira en Xarás. Foto Joferpa

O grupo Pompas Fúnebres do Noroeste inaugurará este venres un servizo pioneiro na comarca do Barbanza: un cemiterio para depositar as cinzas dos defuntos incinerados. A instalación forma parte dun complexo que inclúe un tanatorio de seis salas e un crematorio. Este último será o segundo da zona, pois actualmente existe un no polígono industrial de Rianxo.

A inauguración terá lugar este venres o mediodía coa presenza do alcalde ribeirense e dos sacerdotes de distintas parroquias da comarca.

O novo complexo ribeirense sitúase na zona de Xarás e ocupa unha superficie de 4.500 metros cadrados. O investimento realizado foi de dous millóns de euros e vai xerar trece postos de traballo. Conta ademais con cafetería, capela, zona de descanso para os usuarios e un aparcamento exterior con capacidade para 150 vehículos.

Pero o máis novo é o columbario, que inicialmente conta cun milleiro de espazos para o depósito de urnas, de aproximadamente 50 por 50 centímetros cada un.

Desde o citado grupo empresarial afirman que está prevista a súa ampliación. Segundo explican, inicialmente os columbarios ofreceranse de forma gratuíta coa contratación dos servizos funerarios e, pasados uns anos, poderanse alugar. Establecerase un horario de apertura ao público para que quen o desexe poida acceder a este cemiterio de cinzas. O columbario terá un acceso independente do tanatorio.

A empresa manterá as súas actuais instalacións na rúa Cristobal Colón preto do Cemiterio ribeirense.

Outros artigos

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.