Recuperada unha escultura de San Xoán Bautista, roubada nunha vivenda da Pobra do Caramiñal

01 Abril 2021


Axentes da Garda Civil de Carballo recuperaron unha escultura de San Juan Bautista roubada da hornacina dunha vivenda na localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal.

A escultura foi roubada en xaneiro de 2020. Trátase dunha representación de San Xoán Bautista, labrada no século XVII en pedra de gran, duns 60 centímetros de alto e uns 50 quilogramos de peso, que está considerada como un ben protexido pola Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.

Tras ter coñecemento desta desaparición, a Garda Civil iniciou unha investigación para a recuperación desta peza e a identificación do autor ou autores dos feitos.

No transcurso da mesma os efectivos solicitaron información que inducía a situar esta peza na zona do Ézaro, procedendo á realización de servizos de procura por ese lugar.

Nun destes servizos mentres realizaban unha patrulla a pé por unha zona de monte baixo, localizaron unha bolsa de plástico negro de grandes dimensións oculta entre a maleza, achando no seu interior unha talla de pedra e constatando, tras a súa extracción, que se trataba da escultura roubada.

A Garda Civil procedeu á recuperación desta talla e a súa custodia nas dependencias oficiais de Vimianzo ata o reintegro ao seu lexítimo propietario, continuando a investigación en aras de lograr a identificación do autor ou autores dos feitos.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.