Presentadas 38 ofertas para a renovación da liña de abastecemento na Mámoa

05 Abril 2021

O proxecto para a renovación da liña de abastecemento no lugar da Mámoa, en Ribeira, vén de chegar ao remate do seu prazo de presentación de ofertas. Segundo informou o Concello, unha vez reunida a mesa de contratación, contabilizáronse un total de 38 propostas interesadas na execución das obras de renovación, unha intervención que en palabras do Goberno local “persegue solucionar definitivamente os problemas de avarías a través da substitución de 1,2 quilómetros de tubaxes”.

Os servizos técnicos do municipio elaboraron un proxecto dirixido a substituír a actual liña de fibrocemento por outra de polietileno de alta densidade. A tal efecto, instalaranse en ambas marxes da estrada DP-7305 dúas tubaxes deste material con lonxitudes de 790 e 420 metros, respectivamente. Así mesmo, está previsto colocar nove válvulas de comporta, dúas válvulas de baleirado e 5 ventosas, e renovar 33 acometidas domiciliarias.

As obras comportarán un investimento de 148.547 euros, enmarcándose na segunda fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ adicional 1/2019. O prazo de execución son dous meses.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.