Pesar pola morte de Manuel Vilas Sampedro, pai do líder socialista de Ribeira

26 Abril 2021

A morte de Manuel Vilas Sampedro, pai do líder do PSOE de Ribeira, José Manuel Vilas Álvarez, motivou a cancelación do pleno ordinario que a corporación ribeirense ía celebrar esta noite. Coñecido polos seus veciños como Manolo de Vilas, naceu hai 90 anos en Fontán. Home emprendedor e de trato afable, dedicou toda a súa vida ao traballo no mar. Durante o seu últimos vinte anos en activo dedicouse ao marisqueo e á pesca con liña na dorna Iremos.

Traballou en barcos en Holanda e Alemaña. Viuvo desde fai uns dous anos cando sufriu a perda da muller coa que formou unha familia, Ventura Álvarez, e coa que tivo tres fillos. Pertencían ao Club de Xubilados de Aguiño e as fins de semana acudían aos bailes que se realizaban na sede da entidade.

Os seus restos mortais recibirán sepultura hoxe no cemiterio de Frións. Tras o enterro terá lugar, na igrexa de Nosa Señora do Carme de Aguiño, o funeral na súa memoria.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.