“Pasar lamendo”. Antón Luaces

03 Abril 2021

Definitivamente, o sector pesqueiro galego non pasa polos mellores momentos. Prezos baixos das capturas e prezos alto do combustible, un pequeno respiro para os barcos que foron pescar anchoa en augas do País Basco e os cerqueiros, agora mesmo, con amarre prácticamente absoluto nos portos de Ribeira, Porto do Son e Portosín, o trío de localidades da comarca barbanzana que, con perto de trinta unidades pesqueiras conforman a frota de cerco máis importante da Comunidade Autónoma Galega.
Tripulantes e armadores desa case trintena de buques cerqueiros están a velas vir, por noin dicir que pasan lambendo porque o chincho (xurelo pequecho) non supera os oito céntimos de euro o quilo en lonxa e o seu tamaño nen sequera é válido para o sector conserveiro, debido a que resulta estremadamente reducido para a súa elaboración como produto en conserva.Uns prezos que non permiten rendibilidade e os armadores optan polo amarre dos barcos para dar permiso ás tripulacións nestas datas e, de paso, arranchar os barcos para un futuro inmediato se é que varían as condicións. O acordo entre os cerqueiros para establecer topes de captura de xurelo cun máximo de 750 quilos por barco e día, aínda non recibiu resposta da Secretaría General de Pesca do Ministerio de Agricultura y Pesca, co que ben poucas cousas poden facer os barcos do cerco se non é afrontar o amarre: non ppoden adecarse a outra pesqueira máis que a do xurelo, dado que a da xarda xa rematou oficialmente vai días agás no caso dun armador ao que as patrullas da Garda Civil comisaron na autoestrada A-8 un total de 8.000 quilos de xarda que cirucalaban en camións pola devdanita autoestrada, na comarca da Mariña lucense. É o de sempre: cando os demáis se desesperan porque non albiscanun futuro claro para a súa empresa pesqueira, sempre haberá un armador que larga o aparello alí onde non hai competencia porque esta permanece amarrada no porto.Unha pena e pouca ou ningunha solidariedade. Esta só se pide cando o problema afecta directamente a un. Pero se o mal vai para os demáis, largar o aparello é a solución máis doada para facer uns euros que non se conseguirían de haber maiores vendas nas lonxas.

Outros artigos

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

+

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

Os montes quéimanse por falta de compromiso das diferentes Administracións Públicas. A comezos de cada verán repítese a mesma película, lume e destrución da contorna natural por falta de prevención. A Xunta de Galicia, así como cada un dos Concellos e Mancomunidades...

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

El Papa llamó a las fuerzas políticas a que dialoguen de forma civilizada. “La pluralidad política no debería degenerar en descalificación permanente del adversario…La firmeza no exige desprecio y la discrepancia no conlleva humillación del contrario”, dijo el...