Os GALP da Ría de Arousa e da Ría de Muros e Noia impulsaron 78 e 57 proxectos, respectivamente

22 Abril 2021

barco de pesca en carnota

A Consellería do Mar vén de achegar un informe sobre a actividade dos oito grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) de Galicia para o desenvolvemento socioeconómico das zonas costeiras entre os anos 2016 e 2020. Este documento reflicte “que os proxectos desenvolvidos por estes grupos en Galicia supuxeron unha actividade socioeconómica que permitiuxerar 2.900 empregos directos e indirectos e implicaron unha contribución ao Produto Interior Bruto de Galicia (PIB) de máis de 137 millóns de euros, o que representa un 0,22% do total”.

O informe especifica que desde a primeira convocatoria de axudas a proxectos dos GALP, do ano 2016, desenvolvéronse 487 proxectos que contaron cun total de axuda pública de máis de preto de 30 millóns de euros. Estes apoios catalizaron preto de 40 millóns de euros de investimento privado, é dicir, o sector privado investiu de media algo máis dun euro por cada euro de axuda pública recibida, que é co-financiada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), o que supuxo un investimento total de máis de 70 millóns de euros.

Mancheas de proxectos

En canto aos proxectos desenvolvidos por cada un dos oito grupos, o documento reflicte que o GALP A Mariña-Ortegal puxo en marcha 103 proxectos cunha axuda pública de preto de 5 millóns de euros, seguido polo GALP Golfo Ártabro-Norte, con 83 proxectos e unha axuda pública de arredor de 2,7 millóns de euros e polo GALP Ría de Arousa con 78 proxectos cun valor de subvención de máis de 4,4 millóns de euros.

Ao GALP Seo de Fisterra e Ría de Muros e Noia correspóndenlle 57 proxectos apoiados con máis de 6,3 millóns de euros de axuda, ao da ría de Pontevedra 55 iniciativas subvencionadas por un importe de máis de 3 millóns de euros e o da ría de Vigo-A Guarda puxo en marcha 44 proxectos cunha axuda pública de máis de 2,4 millóns de euros. Ademais o GALP Costa da Morte desenvolveu 35 proxectos cunha subvención de preto de 3,4 millóns de euros e ao grupo Golfo Ártabro Sur correspóndenlle 32 iniciativas cunha axuda pública de máis de 2,2 millóns de euros.

Os GALP

Os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) dan continuidade aos antigos grupos de acción costeira (GAC) e son asociacións sen ánimo de lucro colaboradoras da Consellería do Mar como axentes de desenvolvemento na aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo da zona pesqueira e na xestión e control das axudas que se tramitan para o desenvolvemento desa estratexia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.