Os empresarios de Boiro fan promoción local dos Bonos Activa

20 Abril 2021

A Asociación de Empresarios de Boiro (ABE) iniciou unha campaña para promover os Bonos Activa de Comercio da Xunta de Galicia. Ditos bonos poderán ser adquiridos por todos os comercios da localidade, sexan ou non asociados da patronal boirense.

O proxecto ten como obxectivo incentivar o consumo en toda Galicia, mobilizando máis de 55 millóns de euros en vendas nos comercios de proximidade. A iniciativa dos bonos desenvolverase a través dunha aplicación móbil. Desta forma, cada comercio poderá ofrecer aos seus clientes ata 5.000 euros en descontos. O consumidor irá gastando o importe do bono en función do valor da compra. As compras iguais ou superiores a 30 euros, terán un desconto de 5 euros; mentres que as iguais ou superiores a 50 euros, contarán cun desconto de 10 euros. O período de validez dos bonos será de tres meses.

Os comercios que queiran adherirse deberán poñerse en contacto coa ABE, xa que precisarán do distintivo da campaña para poder ser identificados polos clientes. Ademais, a Xunta de Galicia xestionará toda a documentación a través das asociacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...