Os catro concellos de Arousa Norte terán restricións a partir deste venres

22 Abril 2021


Os catro concellos da comarca do Barbanza, Boiro, A Pobra, Ribeira e Rianxo estarán desde a medianoite deste venres, 23 de abril, con algún tipo de restricións para facer fronte á pandemia de covid-19.

O Comité Clínico que asesora ao SERGAS e que se reunía este martes decidiu ampliar a todo o territorio de Arousa-Norte as restricións, aínda que con diferente grao, segundo cada concello.

Así A Pobra do Caramiñal seguirá en nivel de restrición máxima, como vén sucedendo desde o 9 de abril, con peche perimetral e da hostalería, a pesar de que mantén unha baixada significativa en contagios na última semana (12), e unha incidencia acumulada que, a 14 días, está xa por baixo de 400 casos por 100.000 habitantes.

As novidades para partir do venres van producir nos outros tres municipios barbanceses, aínda que con diferentes efectos. E é que, aínda que Boiro baixará a nivel medio-alto de restricións, o que permitirá a reapertura do interior dos establecementos hostaleiros, Rianxo estreará ese nivel a partir deste venres, mentres que Ribeira subirá a nivel alto, o que obrigará ao peche do interior da hostalería e unha redución do aforo en terrazas ao 50 %.

Todo por unha evolución da pandemia dispar nestes municipios que en Boiro está claramente á baixa, con 20 contagios a 14 días e unha IA ao redor de 100 casos, mentres que Ribeira segue sumando contagios, 27 a sete días e 48 en dúas semanas, o que eleva a IA por encima de 150, á que nin chega por pouco Rianxo que suma 16 contagios nos últimos 14 días, para unha IA que se manteine entre 50 e 150 casos.

Os movementos e relacións comerciais e de todo tipo entre estes catro municipios que compoñen a Mancomunidade Barbanza Arousa estaría detrás da decisión do Comité Clínico de poñer a todos eles con algún tipo de restrición a partir deste venres, sendo así una das comarcas máis afectadas a estas alturas de toda Galicia.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.