O Real Club Náutico Portosín acolleu a primeira proba do Campionato Galego Inclusivo

24 Abril 2021

O Real Club Náutico Portosín acolleu a primeira proba do Trofeo Fibralar – Campionato Galego de Motonáutica
Inclusiva, unha cita puntuable no cetro rexional que comezan liderando os noieses Pepe Barrio e Pilar Sarmiento, vixentes campións do título autonómico.
Nunha xornada premiada cunha excelente meteoroloxía, a pesar das previsións iniciais que indicaban fortes chuvieiros, preto dunha decena de equipos tomaron parte neste arranque de tempada, cunha brillante participación que poñía a proba aos novos pilotos que se estreaban no circuíto.
Sobre unha lámina de auga situada entre o porto pesqueiro e o deportivo, as embarcacións percorreron o circuíto montado con boias que, a modo de slalom, tiveron que ir sorteando nunha competición que premiaba o tempo medio empregado, a destreza e habilidades en determinadas probas, como o amarre, simulación de rescate, fondeo e
canastra de pelota, incorporando a realización de dous nós mariñeiros, un ballestrinque e un as de guía.
Tras os noieses Pepe Barrio e Pilar Sarmiento, facíanse coa prata provisional os sadenses Carlos Facal e Almudena Fagil, pechando o caixón do podio os tamén noieses Joaquín Barrio Guldrís e Joaquín Barrio Bouzas.

Na entrega de premios, que se celebrou no Salón Principal do club portosinense, estaban presentes o Comodoro e Vicecomodoro do mesmo, Fernando González e José García, respectivamente; o concelleiro de deportes do Concello de Porto do Son, Juan Francisco Pouso; e o Secretario da Real Federación Galega de Motonáutica, Marcos Casaleiro.
O Trofeo Fibralar de Motonáutica Inclusiva está organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, contando coa colaboración do proxecto inclusivo “Un mar para todos”.
A próxima cita celebrarase na localidade coruñesa de Outes, o 22 de maio, en augas do Freixo.

Pepe Barrio e Pilar Sarmiento

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.