O PSOE de Ribeira pide máis seguridade viaria na contorna do CEIP de Palmeira

19 Abril 2021

Os socialistas de Ribeira presentaron unha pregunta para ser debatida en pleno relativa á seguridade da contorna do CEIP de Palmeira, que, segundo fan saber, é moi mellorábel. Lembran que o centro docente atópase situado en rúa Mestre Mene e a rúa do Miñoteiro, e ten “desde a súa entrada en funcionamento presentou un problema de acceso seguro dos seus alumnos no momento de producirse a entrada, coa chegada de autobuses de transporte escolar”. Isto, din, tamén é aplicábel ao momento da saída dos escolares, na que se repiten as mesmas circunstancias.

Segundo lembran, a devandita petición de seguridade do CEIP de Palmeira “é unha petición recorrente, tanto por parte do profesorado como da ANPA”, unha solicitude reiterada que se manifesta, sosteñen, na necesidade de incrementar a presenza de axentes da Policía Local “que garantan a regulación do tráfico”, así como “a dotación de elementos de sinalización que manteñan a seguridade nos accesos dos traballadores, do alumnado e dos seus acompañantes”. En palabras do PSOE de Ribeira, “son medidas que son urxentes de realizar antes de que aconteza unha desgraza irreparábel”.

Outros artigos

En Ribeira inaugurada a Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

A mostra composta de 25 obras de temática variada e estilos diversos como óleos e acuarelas, collages, mixtas, acrílicos… foron seleccionadas entre as 150 presentadas á bienal e procedentes de todos os sitios do mundo, dende Brasil, Madrid, Alemania ou Sevilla ata...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...