Xuízo contra oito persoas este venres 16 acusadas de conformar unha rede de venda de heroína en Santiago. O principal acusado foi detido en Boiro

16 Abril 2021


A Fiscalía solicita penas de entre 6 e 4 anos de cárcere para os oito acusados de conformar unha rede de venda de estupefacientes, principalmente heroína, que operaba en Santiago entre 2016 e 2017. O xuízo contra estas oito persoas terá lugar o vindeiro venres 16 de abril na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago.

Segundo a Fiscalía os acusados articularon unha rede que funcionou entre o verán de 2016 e marzo de 2017 en Santiago de Compostela, onde vendían heroína contactando con clientes por teléfono móbil para realizar as transaccións nas proximidades do domicilio do principal acusado. Este último, que se enfronta a unha petición de cárcere de oito anos fronte aos catro que o Ministerio Público solicita para o resto, foi detido xunto a outro procesado en marzo de 2017 despois de desprazarse a Boiro para supostamente adquirir droga.

Por mor desta detención, as forzas da orde procederon ao rexistro do domicilio en Boiro do presunto vendedor da mercadoría. Alí foron intervidos outros 20 gramos de heroína e case 2.500 euros en efectivo.

Por estes feitos, que Fiscalía considera constitutivos de delitos contra a saúde pública, o principal acusado enfróntase a unha petición de seis anos de cárcere, mentres que para o resto dos sete a pena solicitada polo Ministerio Fiscal é de catro anos de prisión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.