O Laboratorio Ecosocial do Barbanza reivindica a tradición da nosa comarca para frear a destrución do medio ambiente

09 Abril 2021

Os responsábeis do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, coordinado pola Fundación RIA do arquitecto David Chipperfield (co apoio do grupo HISTAGRA da USC e a Cátedra Juana de Vega, amais de contar con financiamento da Fundación Banco Santander), presentaron este 9 de abril en Santiago os resultados da primeira fase de investigación do proxecto, unha iniciativa que foi posta en marcha para reivindicar os vellos usos tradicionais da nosa comarca (produtivos, urbanísticos, culturais, sociais) como materia prima para traballar a nivel de xestión local. Na cita deste 9 de abril, celebrada no Paraninfo da Facultade de Historia da USC, reivindicouse o xeito de entender o mundo dos nosos maiores e dos nosos antergos como fórmula infalíbel de progreso.

O evento tamén deu acollida á presentación do libro Cando eramos sostibles. Aprendendo no Barbanza as claves do futuro, que recolle as conclusións do primeiro ano de investigación do Laboratorio e pon o foco nos nosos concellos para “reivindicar as formas de manexo do territorio levadas a cabo historicamente polas comunidades locais e impulsar iniciativas en Galicia que se rexan polos mesmos principios de sustentabilidade”. A publicación é de balde e a súa descarga pode realizarse a partir deste 9 de abril en barbanzaecosocial.org, a páxina web do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

“Non se trata só de reconstruír a memoria da comunidade, senón de pensar nela en termos de transición ecosocial: o que hai do pasado que poidamos recuperar para contribuír a unha transición socioecolóxica”, explicou o catedrático da USC e investigador principal de HISTAGRA, Lourenzo Fernández Prieto no acto de presentación da devandita obra, que estivo presidido polo reitor Antonio López.

Alén de Fernández Prieto, tomaron parte no acto o presidente da Fundación RIA, David Chipperfield; e o director da Fundación Banco Santander, Borja Baselga. O editor da publicación Adrián Capelo tamén interveu no acto xunto ao coordinador da Fundación, Manuel Rodríguez.

De esquerda a dereita, David Chipperfield, Antonio López e Lourenzo Fernández Prieto. FOTOS: Santi Alvite

Metodoloxía

Segundo fixeron saber, a investigación da primeira fase do Laboratorio realizouse a través do baleirado de arquivos e fondos documentais, visitas de campo e, “especialmente”, coas fontes orais, realizándose 56 entrevistas, das que derivaron 300 fragmentos que están depositados no repositorio dixital www.terraememoria.usc.gal.

No acto, os investigadores explicaron que o traballo desenvolvido contribuíu a que se reafirmaron no que consideran unha verdade incontestábel: “As propias comunidades locais deben ser protagonistas dun camiño que a ollos da realidade actual se amosa imprescindíbel. A transición ecosocial é unha aposta para evitar o caos ambiental”.

A primeira fase

Na primeira fase do proxecto identificáronse os trazos do manexo sustentábel e orgánico do agro que se manteñen e, a través da memoria labrega, os saberes que explican eses manexos do territorio. O resultado da indagación representouse nunha cartografía de manexos históricos do territorio coa que se dá conta das interdependencias, das canles de comercialización, da relación do común coa casa e daquelas pegadas históricas que poidan axudar a xerar uns novos imaxinarios partindo da reconstrución e da valoración histórica das comunidades e do rastrexo dos manexos dos agroecosistemas.

Contra o quecemento global a destrución da riqueza ambiental

“As ameazas derivadas do quecemento global salientan a necesidade urxente de mudar as relacións do ser humano coa natureza”, reivindican dende o Laboratorio, engadindo que “os valores, imaxinarios e éticas asociadas ao extrativismo e ás teorías desenvolvementistas deben ser reconfiguradas. Non existe o crecemento infinito e tampouco o éxito é puramente individual, somos interdependentes e cooperativos. As interaccións sociais non deben ter como única medida o mercado”. O proxecto pon o foco na herdanza e no legado que se deixa ás xeracións futuras como exercicio de corresponsabilidade: “A alternativa pasa por facilitar mecanismos que revertan o colapso”.

Autores

A publicación foi escrita de xeito colaborativo polos investigadores Lourenzo Fernández Prieto, David Soto, Fran Quiroga, David Fontán e Ricardo Suarez, alén de ser editada pola Fundación RIA, grazas ao traballo dos editores Manuel Rodriguez e Adrian Capelo. A obra conta cun deseño de infografías e planos que ilustra os procesos de mudanza que teñen acontecido nos últimos douscentos anos na península do Barbanza. A publicación está accesíbel en galego, castelán e inglés e foi editada en creative commons, co compromiso de devolver o aprendido ás comunidades nas que se realizou a investigación. O proxecto contou tamén coa colaboración da Cátedra Juana de Vega.

Segunda fase

A segunda fase do Laboratorio Ecosocial do Barbanza iniciarase cunha convocatoria de “proxectos semente”. Trátase de dar un primeiro impulso á posta en marcha de iniciativas locais que se rexan polos principios de sustentabilidade identificados durante a investigación. Tres “proxectos semente” serán seleccionados mediante unha convocatoria aberta a todo o Barbanza, outorgándoselles un financiamento de 5.000 euros a cada un deles.

A través do enderezo electrónico info@barbanzaecosocial.org poderán enviarse ideas preliminares de proxectos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...