O DOG publica a oferta de emprego público da administración xeral para 2021, con 1.006 prazas de acceso libre

20 Abril 2021


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a oferta de emprego público da administración xeral da Xunta para o ano 2021, que esgota a taxa de reposición e inclúe un total de 1.006 prazas de acceso libre.

Tamén se ofertan 322 prazas para a promoción interna do persoal funcionario, uns procesos reservados a empregados públicos que xa son funcionarios e que poden alcanzar un ascenso ou promoción profesional a postos de traballo de maior responsabilidade e retribución, e 163 para continuar co proceso de funcionarización voluntaria do persoal laboral fixo da Xunta.

En total, a oferta ascende así a 1.491 prazas, nunha oferta que ten a finalidade de garantir a posibilidade de que calquera persoa que cumpra os requisitos poida acceder a un posto de traballo “de alta calidade” na Xunta de Galicia, que os empregados públicos que xa traballan na administración galega con carácter temporal “poidan consolidar os seus postos de traballo”, garantir o dereito á promoción profesional dos empregados públicos e continuar co proceso de funcionarización voluntaria.

O maior número de prazas de acceso libre concéntrase na escala de auxiliares de clínica con 140, na de axentes técnicos facultativos con 101 na especialidade en xardín de infancia, e na de técnicos facultativos con 28 na de educadores e 19 na de enfermería.

Tamén se inclúen 46 prazas para a escala de enxeñeiros técnicos, 45 na de enxeñeiros, 34 para a de ciencias e 13 para a de gerocultor.

A todas estas prazas poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias, e as probas desenvolveranse a través do sistema de concurso-oposición.

No ámbito administrativo, a Consellería de Facenda destaca 77 prazas para o corpo superior (A1), 79 para o de xestión (A2), 51 para o administrativo ( C1), 62 para o auxiliar ( C2) e 47 para a agrupación profesional de persoal subalterno (AP).

Outros artigos

A exposición sobre autismo de Amicos desembarca nas rúas de Rianxo

A campaña impulsada pola asociación da nosa comarca Asociación Amicos para sensibilizar e informar á veciñanza do Barbanza sobre o autismo continúa o seu percorrido polos nosos concellos. Faino cunha exposición divulgativa que comezou a súa viaxe o 2 de abril con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...