O Concello de Outes homenaxe á deportista local Sara Caamaño

Este luns 5 de marzo o Concello de Outes fixo unha homenaxe á atleta local Sara Caamaño. A deportista, pertencente ás novas promesas do Club Atletismo Barbanza, foi quen de proclamarse campioa galega de lanzamento de peso na categoría sub-12.

Ao importante logro deportivo de Sara Caamaño uniuse no Campionato de Galicia (modalidades sub-10, sub-12 e sub-14) o de Eloi Vázquez (A Pobra do Caramiñal) que se proclamou vencedor nos 60 metros lisos e en salto triplo.