O Concello da Pobra reitera o seu respecto á decisión do Comité Clínico pero destaca a boa evolución epidemiolóxica do municipio

26 Abril 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal emitiu este 26 de abril un comunicado no que o Executivo local expresa as súas discrepancias respecto do nivel de restrición que lle está a ser adxudicado ao municipio estes días en materia de COVID, que é de restrición máxima. No comunicado, o Concello recorda as graves consecuencias sociais e económicas que está a implicar esta resolución do Comité Clínico (o órgano que asesora a Xunta na xestión da pandemia), xa que, en palabras do Consistorio, “a evolución no número de cosas é positiva”.

Segundo reflicte o Concello logo de pedir explicacións ao Comité, a decisión deste órgano viría dada non só polas taxas de incidencia a sete e catorce días senón tamén pola “evolución do número de casos e as características dos abrochos que se están a producir, e que fan que a situación sexa considerada como de maior risco de transmisión dentro do concello e tamén difundirse a territorios limítrofes”. O Concello reflicte que o se ben o Comité recoñece que a evolución “está a mellorar moito”, preocúpalle, afirma este órgano asesor, “que se estea a desenvolver un abrocho cun número importante de casos e que se difundiu, ademais, a outros concellos”, un proceso de contaxio no que se “terían identificado dúas variantes do virus tradicional con maior transmisibilidade, que poden poñer en risco o control da incidencia no concello”.

A respecto de todo isto, se ben a Administración local manifesta que respecta as decisións adoptadas á espera do que o Comité Clínico decida na reunión deste martes, lembra que a situación no 26 de abril de 2021 é a seguinte:

• O número de casos diagnosticados a 14 días sitúase nos 22, cunha incidencia acumulada por cada 10.000 habitantes de 236, dentro do intervalo entre 150 e 250 casos, que situaría o noso concello no nivel de restrición media.

• A 7 días a incidencia acumulada sitúase entre 25 e 75 casos por cada 100.000 habitantes, cun número de casos diagnosticados neste período entre 1 e 9. A valoración de maneira independente deste dato situaríanos no nivel de restrición media-baixa.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...