O BNG pide atender as demandas da veciñanza e medidas para devolver a vida ao Parque Natural de Corrubedo

12 Abril 2021

Os representantes do BNG ribeirense mantiveron unha xuntanza con colectivos veciñais para estudar o Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX) do Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán que vén de presentar publicamente a Xunta. Os concelleiros Xosé Vázquez e Luís Pérez e o responsábel local de ecoloxismo Vicente Paz debateron acerca do plan con José Martinez, voceiro das persoas con terreos no parque, e con Manuel Reiriz, presidente da comunidade de Montes de Artes. O BNG aproveitou a reunión para pedir aos gobernos autonómico e local que atendan as demandas da veciñanza “ao tempo que activan medidas para revitalizar o parque natural”.

Os representantes dos colectivos veciñais expresaron aos membros do Bloque a súa preocupación por cuestións como o futuro que lle garda ás terras de labranza da contorna, que serán obxectivo das “máximas restricións”. Tamén mostraron a súa inquietude acerca da “falta de axudas para poder dedicarse aos labores tradicionais e de investimentos que manteñan o parque en bo estado”. Amais, laiáronse de non ter participado activamente na elaboración do plan.

Desde o BNG consideran que o documento presentado pola Xunta chega “tarde, mal e arrastro por tres razóns”. Segundo sinalaron, “chega tarde porque o documento debería estar aprobado pouco despois de protexerse a zona en 1992, chega mal porque ten eivas importantes que non responden ás demandas históricas da poboación e chega arrastro porque nin tan sequera se falou coa veciñanza que posúe terreos na zona protexida”.

Para o concelleiro Luís Pérez Barral, presentar un documento sen participación dos colectivos ambientais e sociais “é un erro de partida” e asegura que a Xunta “pretende aprobar o documento pola porta de atrás” ao deixar tan só 15 días para presentar alegacións é “síntoma do pouco que lle importa ao PP a natureza e os problemas que lles provoca á veciñanza as eivas que presenta o PRUX e a falta de investimentos” asegura o edil.

A formación nacionalista, acusa directamente o Partido Popular pois “alén de estar gobernando na Xunta e no Concello de Ribeira, é un dos seus membros o que preside a Xunta Consultiva do Parque”. E engadiron: “Se o parque está sumido nun absoluto estado de abandono, non hai investimentos suficientes e se esquecen as demandas veciñais, é por culpa da inacción do PP e dos seus membros en todos os órganos”.

Pérez Barral avanzou que o BNG vai rexistrar alegacións que poden resumirse en 3 eixos fundamentais: “Máis investimentos para conservación da natureza, resolver as demandas formuladas polos colectivos veciñais e promover actuacións que revitalicen a zona natural”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...