O BNG mostra o seu firme apoio ao modelo ambiental da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza

19 Abril 2021

O pasado 16 de abril os deputados Rosana Pérez e Luis Bará participaron nunha visita á planta de tratamento de residuos sólidos urbanos da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza. Á visita ás instalacións de Serbia, en Lousame, acudiron tamén representantes do BNG da nosa comarca, que tiveron oportunidade de coñecer os últimos avances da planta en materia de xestión de refugallos, así como as súas principais demandas para lograr o mellor funcionamento posíbel en liña cos obxectivos de reciclaxe determinados pola Unión Europea.

Pérez e Bará lembraron que “é preciso apostar e investir no modelo de tratamento que se leva a cabo por parte da mancomunidade”, e puxeron o foco “na necesidade de compromiso político para o seu bo funcionamento. Fronte a isto, criticaron “o modelo maioritario en Galiza baseado na combustión do RSU, cos graves problemas ambientais que xera”, e salientaron “os beneficios da compostaxe”, así como “o carácter pioneiro que esta entidade tivo na súa formación e o indispensábel de seguir apostando por este modelo”. Amais, quixeron enxalzar o importante papel xogado pola planta en materia de emprego, “posto que actualmente, máis de 150 persoas dos

concellos vinculados á mancomunidade traballan no complexo medioambiental, supoñendo un dos principais sectores da contorna”.

Outros artigos

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.