No Son a Comunidade de Montes de Baroña e Protección Civil mostraron como loitar contra as velutinas

28 Abril 2021

A Comunidade de Montes de Baroña organizou esta fin de semana unha xornada para achegar recursos de utilidade á veciñanza cos que loitar fronte á vespa asiática, unha especie invasora que está a causar dende hai anos graves prexuízos á poboación local de abellas e vespas.

A actividade, na que participaron os membros de Protección Civil de Porto do Son, consistiu nun obradoiro no que se compartiron “receitas” moi sinxelas para combater as velutinas, receitas das que calquera pode botar man.

Por exemplo a elaboración de trampas que calquera propietario de montes ou leiras pode instalar de xeito doado, xa que para a súa construción precísanse materiais de uso tan común como garrafas de plástico, auga ou azucre. Estas trampas, segundo se fixo saber, son moi indicadas para as áreas onde haxa explotacións de mel, xa que as velutinas adoitan concentrarse nas proximidades das colmeas para cazar as abellas.

Outros artigos

Minuto de silencio no Son polas vítimas de Urda

O Concello do Porto do Son acolleu onte a celebración dun minuto de silencio en homenaxe ás vítimas do tráxico accidente ferroviario de Urda. O Goberno e a Corporación do municipio adheriuse ao minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.