Na Pobra quedan canceladas as actividades culturais e deportivas non federadas

03 Abril 2021

O Concello da Pobra, a través do alcalde Xosé Lois Piñeiro, compartiu este sábado 3 de marzo un bando informativo relativo á situación actual do municipio en materia de COVID-19, situación da que informamos este 2 de marzo destacando o importante incremento da incidencia de coronavirus a nivel local. No bando, o rexedor recoñece a evolución da pandemia causada “vén sendo moi desfavorábel nos últimos días, cun incremento no número de casos activos moi significativo nun curto período de tempo, polo que resulta necesario adoptar medidas de carácter extraordinario coa intención de que contribúan a reducir o número de contaxios”. As medidas serán de aplicación a partir das 15.00 horas deste sábado 3. Entre outras cousas, supoñen a cancelación de toda a actividade cultural e deportiva non federada.

Estas son as disposicións, punto por punto:

· Primeira. Suspéndese tódalas actividades de ocio e tódolos espectáculos de carácter cultural organizados polo Concello.

· Segunda. Establécese o peche dos parques infantís e biosaudábeis de todo o termo municipal, que permanecerán precintados ata que se autorice de novo o seu uso.

· Terceira. A Biblioteca Municipal, o Museo Valle-Inclán e a oficina de información turística na Casa Mariñeira deixarán de dar atención presencial ao público. Porén, continuarase co servizo de préstamo de libros en funcionamento, que deberá solicitarse mediante unha cita previa.

· Cuarta. Suspéndense todas actividades deportivas non federadas nas instalacións municipais, tanto ao aire libre coma as que se realizan a cuberto. A práctica deportiva federada nas instalacións municipais séguese a autorizar, sen prexuízo de que se revisen os protocolos en funcionamento e de que se poidan estabelecer medidas extraordinarias para cada modalidade deportiva en concreto. Para o cumprimento desta medida as instalacións deportivas ao aire libre ficarán precintadas, e só poderán ser empregadas para o deporte federado. Neste caso deberán comunicar coa antelación de un día o seu uso ao departamento de deportes ou directamente á Policía Municipal.

· Quinta. Non se autoriza o uso de ningunha dependencia municipal para a realización de ningún tipo de actividade. Queda expresamente prohibido o uso de calquera espazo público nos seguintes casos:

-Actividades culturais ou lúdicas, tanto as de carácter público coma privado, incluídos os ensaios de calquera modalidade de canto, de práctica con instrumentos musicais ou de baile.

-As exposicións e mostras quedan clausuradas.

-Actividades de formación como cursos, obradoiros ou outras de análoga natureza.

-Xuntanzas de entidades, asociacións ou clubs deportivos, tanto de carácter público coma privado.

· Sexta. As medidas extraordinarias de aplicación ao mercado ambulante publicaranse o luns 5 de

abril.

No bando engádese que estas medidas son establecidas “sen prexuízo doutras que se puideren tomar con posterioridade e de todas aquelas que ditaminaren as autoridades sanitarias, a nivel autonómico e estatal”.

Outros artigos

Arde un colector na rúa Castelo, na Pobra

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira foron alertados ás 01:48 horas desta madrugada dun incendio que afectou a un colector do lixo na rúa Castelo, no casco urbano do concello da Pobra do Caramiñal. O operativo, no que tamén participou a Garda Civil e...

+

Accidente de tráfico na rúa Doutor Lamas e Andrés, na Pobra

Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Ribeira recibiron ás 20:30 horas da tarde deste mércores 24 de abril unha chamada alertando dun accidente de tráfico na rúa Doutor Lamas e Andrés, no municipio da Pobra do Caramiñal. O automóbil sinistrado perdeu o control...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...