Na Pobra o Concello pon a punto o parque infantil do Castelo

15 Abril 2021

O Concello da Pobra informou de que esta semana arrincaron os labores para acondicionar o parque infantil do Castelo, poñendo a punto os seus xogos e co obxectivo de “ofrecer ás crianzas unhas mellores instalacións para o seu uso e desfrute”.

A Concellaría dos Servizos Municipais, da cal é titular a edil Estefanía Ramos (Nós Pobra), explicou que a intervención “ten unha duración de dez días”, durante os cales efectuaranse “numerosos labores que inclúen a lixado, a aplicación dun tratamento antióxido e a pintura das estruturas metálicas, a substitución de parafusos e a reposición dos tapóns, o cambio das cadeas e asentos das randeeiras, así como a revisión dos eixos e dos resortes, entre outros”.

No que respecta ao equipo combinado de integración, procédese coa reposición de tapas, e co lixado e posta punto das plataformas; mentres que no equipo combinado do Castelo realízase o lixado, o tratamento antióxido e a repintadura das partes metálicas desgastadas ou enferruxadas, a limpeza de todas as pintadas, a retirada da chapa de madeira e a reposición do metacrilato translúcido, así como volver marcar o xogo do tres en raia.

As tarefas están sendo executadas pola empresa HPC Ibérica S.A. por un importe de 3.190’77 euros, IVE incluído, con cargo ao orzamento municipal.

É unha actuación que se desenvolve coincidindo co peche dos parques infantís e biosaudábeis de todo o termo municipal da Pobra do Caramiñal debido á situación epidemiolóxica derivada da COVID-19, o cal se recolle no bando da alcaldía do día 3 de abril.

Outros artigos

Ambar abre este venres as Festas do Nazareno

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, será a encargada de dar o pregón das Festas do Nazareno o 18 de setembro, ás 21.15 horas. A súa intervención marcará o inicio dunha das celebracións máis destacadas do calendario...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

Hoxe, de mañanciña, púxenme a rezar o Oficio Divino, correspondente a este día: o da Festa da Exaltación da Santa Cruz. Dediqueille un pouco de tempo a reflectir sobre os textos bíblicos da serpente de bronce que ergueu Moisés no deserto para curar aos magoados que a...

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

Setembro despide a xente que xa non cruzará connosco polas mesmas rúas. Algúns marchan a outras encomendas noutras partes do mundo e outros, no traballo de erosión que ten o tempo, alónxanse de nós cara aos seus portos particulares, arredados das mesmas augas nas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.