O martes o anticiclón retírase cara ao norte, quedaremos así na influencia dunha borrasca situada ao norte dos Azores que nos enviará unha fronte. Así, os ceos estarán nubrados con chuvascos, máis probables na metade sur. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso mentres que as máximas seguirán sen cambios. O vento soprará frouxo do sueste, con intervalos fortes no litoral norte.

O NOSO MAR: Vento do leste á mañá e á noite e do sueste á tarde, forza 2 a 3 á mañá e á noite e 2 a 4 á tarde. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 0.5 metros.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 05:41 | 3.7 m |
Baixamar | 11:46 | 0.6 m |
Preamar | 17:57 | 3.6 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 05:33 | 3.6 m |
Baixamar | 11:37 | 0.7 m |
Preamar | 17:49 | 3.5 m |
Baixamar | 23:53 | 0.8 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 05:38 | 3.6 m |
Baixamar | 11:42 | 0.6 m |
Preamar | 17:53 | 3.5 m |
Baixamar | 23:58 | 0.7 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)