Éxito de participación na primeira das andainas para coñecer os tesouros de Outes

29 Abril 2021

As andainas de Outes para coñecer o patrimonio local, convocadas polo Concello, están a ser un éxito de participación. Segundo confirmaron dende o Consistorio, xa están cubertas todas as prazas para a primeira das rutas, Historia e espiritualidade en Roo, que está prevista para este domingo. O Concello tamén lembra que “se algunha das persoas inscritas non pode acudir, que o comunique para permitir a participación doutras e doutros camiñantes”.

A ruta deste domingo forma parte da iniciativa Camiñando o noso patrimonio, que sae de partida con tres percordidos abertos á participación de residentes e visitantes.

A primeira camiñada é a de Historia e espiritualidade en Roo. Celebrarase como dixemos este 2 de maio, a partir das 10.00 horas e con saída da Igrexa de Roo. Serán seis quilómetros de percorrido presentando dificultade moderada.

A segunda ruta, Camiñando cara a orixe do concello de Outes, será o 16 de maio, con saída da Eira do Carme (Brión de Arriba) ás 9.00 horas. Serán 9 quilómetros de camiñada, con dificultade moderada.

A terceira andaina, A Torre dos Muros e Fervenzas de San Paio, está programada para o 30 de maio. Será ás 10.00 horas, con saída na Igrexa de San Lourenzo. A distancia a percorrer é de 6,3 quilómetros (dificultade moderada).

As prazas por quedada serán limitadas: 25 por cada ruta.

Outros artigos

Camiño Escena Norte inclúe Outes no seu percorrido galego

Volve coller corpo Camiño Escena Norte, o programa de intercambio cultural a través das artes escénicas que celebra este ano a súa oitava edición e que desenvolverá (co apoio da Xunta) a súa programación do 18 de setembro ao 15 de novembro de xeito simultáneo en...

+

Falece un motorista tras saírse da calzada no concello de Outes

Un motorista perdeu a vida na tarde deste domingo tras sufrir unha saída de vía no termo municipal de Outes. O tráxico accidente produciuse arredor das 18:15 horas á altura do quilómetro 8 da estrada DP-5604, segundo confirmaron fontes do 112 Galicia. Polo de agora...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.