Encontro con escolares e visita a Sálvora, na segunda xornada polo Día Mundial da Terra

22 Abril 2021

Na segunda xornada de actos conmemorativos do Día Mundial da Terre organizados polo Concello de Ribeira, a bióloga Odile Rodríguez de la Fuente tivo a oportunidade de trabar contacto coa comunidade educativa do noso
municipio a través dunha exitosa charla-coloquio ofrecida no CEIP Frións na que a filla do recordado Félix Rodríguez de la Fuente.

A actividade, emitida en streaming, foi contemplada en directo polo alumnado doutros centros educativos como os CEIP de Olveira e Palmeira ou o colexio Bayón.

Pedra da Ra


Acto seguido, Odile desprazouse ata o miradoiro de Pedra da Ra, onde puido contemplar o parque natural de Corrubedo e a ría de Arousa, estando acompañada entre outros polo alcalde Manuel Ruiz; e a continuación zarpou dende o porto de Aguiño (aínda tivo tempo de ver tamén o interior da lonxa da localidade) cara á illa de Sálvora.
Nesta xoia do Parque Nacional das Illas Atlánticas a bióloga coñeceu distintos enclaves como o pazo de Sálvora, a fonte da Telleira ou a aldea, onde plantou man a man coa directora xeral de Conservación da Natureza da Xunta, Belén Docampo, unha maceira.
Exerceu de guía pola illa o director do campo, José Antonio Fernández Bouzas.

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

En numerosos pobos e cidades de España e Europa están orgullosos da presenza de familias de inmigrantes, procedentes de países onde non teñen ningún tipo de oportunidade de poder vivir decentemente. Persoas e familias que chegan en busca dunha oportunidade de...

“Carta á alcaldesa de Santiago”.  José Luís Calo

“Carta á alcaldesa de Santiago”. José Luís Calo

Estimada Alcaldesa de Santiago de Compostela: Goretti Sanmartín Rei.Escríbolle en relación coa polémica da concesión á Princesa Leonor de Borbón eOrtiz da Medalla de Galicia, na que vostede se botou atrás e renunciou a representará cidade de Santiago. Un cargo público...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.