En Ribeira abre o prazo de inscrición para o curso previo ao Conservatorio Municipal

O Concello de Ribeira abriu o prazo de inscrición do obradoiro de preparación para o ingreso no Conservatorio Enrique Paisal. Segundo explica o Goberno local, trátase dun curso de balde e dunha duración de catro semanas, que se dirixe a nenos e nenas de 8 a 14 anos (cumpridos neste ano) e que queiran facer a proba de acceso para cursar estudos oficiais no Conservatorio de Música Profesional de Ribeira no curso 2021/2022.

No obradoiro traballarase cos contidos que van integrar a proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental (proba de carácter obrigatorio a celebrar na segunda quincena de xuño).

Ademais do devandito, os nenos e nenas poderán, mediante a proxección de vídeos feitos polo profesorado do centro, ter o primeiro contacto coas distintas especialidades que se imparten no conservatorio. “Este primeiro contacto, condicionado este ano pola situación, pretende axudalos na elección da especialidade que a partir de setembro queiran estudar”, explica o Concello, engadindo que actividade contará cun máximo de 12 prazas e un mínimo de 6 inscritos por grupo para levarse a cabo. As inscricións terán lugar a través un formulario que se pode descargar da web municipal, ribeira.gal. En caso de que nalgún grupo non se cubran as prazas mínimas intentarase resituar ao alumnado inscrito noutros grupos.