En Rianxo premiaranse as compras locais polo Día da Nai con 250 euros en premio

12 Abril 2021

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) presentou os detalles da súa campaña comercial do Día da Nai, o vindeiro 2 de maio. A entidade, que quere converter a data nun novo e importante chamamento a pecharmos fileiras arredor do noso comercio, sinalou que está previsto repartir 250 euros en primeiros, cun vale de 150 e outros dous de 50. Este 13 de abril dará comezo a campaña entre os asociados da entidade baixo o cancelo #diadanairianxo.

Segundo fai saber a ARE, repartiranse rifas numeradas por cada compra nos establecementos asociados á compaña. As e os clientes deberán conservar e gardar estas rifas para comprobar se resultan gañadoras ou gañadores (que se anunciarán o vindeiro 5 de maio). Ademais, de faceren as compras na plataforma online Mercarianxo tamén serán incluídas as rifas no sorteo. As bases legais están dispoñíbeis na Rede para a súa consulta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.