En Boiro unha exposición une por primeira vez as flores e os autorretratos de Mónica Ortuzar

10 Abril 2021

Un provisional Flores y Autorretratos é o título da exposición que a artista e profesora da Facultade de Belas Artes Mónica Ortuzar protagoniza no espazo La Doce de Boiro e que reúne por primeira vez a súa serie de autorretratos Caleidoscopio xunto coas obras que integran a serie Flores e que se distancian do que é o motivo central da produción artística desta docente desde hai máis dunha década para tomar como fonte de inspiración as formas e cores observadas en diferentes flores. “Trátase de dúas series diferentes en canto a tema, tamaño e tratamento,”, salienta Ortuzar do conxunto de obras que conforman unha exposición que pode visitarse ata o 17 de abril.

Trátase, como sinala a galería, dunha exposición articulada en torno a “dúas temáticas vinculadas e simultáneas”, que reúne unha serie de traballos que son resultado dunha “experimentación continua, que vai do grande ao pequeno e do pequeno ao grande coa acuarela como protagonista do proceso creativo”.

Retratos que conectan coas flores na casa natal

Por unha banda, a exposición reúne un conxunto de autorretratos, pintados en acuarela sobre papeis de pequenas dimensións, que forman parte da serie Caleidoscopio e que aluden á casa na que naceu a artista. Neles, Ortuzar presenta o seu rostro rodeado por unha grilanda de flores que un escaiolista realizou no comedor da súa casa natal, que a artista empregou durante uns meses como estudio. “Toda a trama de flores que decora orixinariamente o centro da estancia foi reflectida coa dificultade de intentar recollela de forma fidedigna e debuxar o que se ve con ela, perdendo sempre cantidade de datos no camiño”, salienta a docente deste conxunto de obras, que por ese motivo, sinala, é preciso que sexan vista en serie co propósito de poder apreciar “a versatilidade no uso da cor ou o debuxo, pero tamén as diferencias entre todos os debuxos e pinturas”.

Os elementos vexetais presentes nesta grilanda permiten á súa vez conectar estas obras cunha segunda serie na que Ortuzar comezou a traballar de xeito paralelo a Caleidoscopio, protagonizada tamén polo uso da acuarela, neste caso sobre papeis de gran formato. Despois de once anos desenvolvendo diferentes series de autorretratos, Ortuzar inspírase desta volta nas flores como punto de partida para “unha busca cromática e estrutural na comprensión das súas formas”, como salientan desde a galería. Cada obra, engade nese senso a artista, “comeza correspondéndose cunha fotografía tomada da realidade, pero é interpretada en canto a formas e, sobre todo cores, ata quedar terminada”. 

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.