Dous emigrantes galegos retornados de Suíza desenvolven un proxecto laboral no marisqueo da ría de Muros e Noia apoiados pola Xunta

10 Abril 2021

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, desprazáronse hoxe ata o concello de Muros para coñecer o proxecto empresarial de dous emigrantes galegos retornados de Suíza que puxeron en marcha unha comunidade de bens para dedicarse ao marisqueo na ría de Muros e Noia.

Francisco Javier Figueira Rey e Martín Miguéns Domínguez contaron cada un deles cunha axuda de 7.000 euros da Secretaría Xeral da Emigración a través do programa de Axudas ao Retornado Emprendedor co obxectivo de poñer en marcha esta nova iniciativa que aposta por un dos sectores tradicionais galegos e pola remuda xeracional.

Na visita estiveron tamén presentes a alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, e o patrón maior de Muros, Daniel Formoso. Alí a conselleira do Mar agradeceu que este tipo de axudas teñan en conta proxectos que se promoven no ámbito marítimo-pesqueiro e puxo en valor a súa importancia de cara a facer a actividade atractiva e favorecer a remuda xeracional no sector. Ademais, engadiu Rosa Quintana, iniciativas coma esta contribúen á competitividade da cadea mar-industria de Galicia.

Pola súa banda, o secretario xeral da Emigración aproveitou a visita para recordar que acaba de abrirse esta nova liña de axudas, que en 2021 conta cun orzamento de 800.000 euros. O pasado ano, beneficiáronse da mesma 94 emprendedores retornados, moitos deles residentes nun concello do rural coma Lousame.

Este programa de axudas ao emprendemento dos retornados conta este ano cunha liña especial a causa da covid-19, “xa que somos conscientes das dificultades que supón emprender e máis nun tempo tan complexo como o que estamos a vivir coa actual pandemia”.

Deste xeito, o programa conta con dúas liñas de axuda para persoas emigrantes galegas retornadas que exerzan a súa actividade laboral ou profesional na nosa comunidade autónoma, unha que promova o autoemprego co obxectivo de fomentar o establecemento como persoas autónomas ou por conta propia, e outra, relativa á covid-19, destinada a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica das persoas traballadoras autónomas ou por conta propia no contexto actual de pandemia. O prazo de presentación remata o 30 de setembro.

As axudas serán de 5.000 euros no caso da primeira liña (aumentables en 1.000 se a beneficiaria é muller e outros 2.000 se se pon en marcha nun concello rural) e de 3.000 no caso da segunda liña.
En 2020 a provincia da Coruña contou con 42 beneficiados por estas axudas. Na comarca do Barbanza, beneficiáronse seis galegos retornados: dous deles en Boiro, outro en Rianxo, outro en Ribeira e os dous propios emprendedores de Lousame que desenvolven a súa actividade na ría de Muros e Noia.
Desde a posta en marcha deste programa, foron case 300 os galegos retornados que xa crearon un proxecto empresarial apoiado a través da Secretaría Xeral da Emigración. Esta liña de subvencións ten como fin favorecer o retorno a nosa comunidade autónoma dos galegos residentes no exterior de xeito que poidan fixar a súa residencia e integrarse social e laboralmente na sociedade, realizando nela as súas actividades empresariais e profesionais, favorecendo así o desenvolvemento do tecido empresarial de Galicia.

Trátase dunha das máis de 50 medidas incluídas na Estratexia Galicia Retorna, de carácter transversal e coordinado pola Secretaría Xeral da Emigración coa colaboración de todos os departamentos da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Todo listo para o comezo (este venres) do festival Jazz Noia

Este venres 14 de agosto arrinca un dos grandes eventos culturais da tempada estival na comarca: a edición 2026 do festival Jazz Noia 2026, organizado polo Concello de Noia a través da Concellería de Cultura. Celebrarase as noites do venres 14 e o sábado 15 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.