“Do 30 de abril ao 5 de xullo, veda do polbo en augas de Galicia”. Antón Luaces

15 Abril 2021

A Comisión do Polbo, reunida onte en Santiago, optou por formular unha votación para fixar o calendario de veda deste cefalópodo en augas de Galicia durante o que queda de ano. Será do 30 de abril ao 5 de xullo, por acordo da Comisión, que optou por someter a votación a decisión dado que non existía un acordo unánime entre as tres federacións provinciais de confrarías de pescadores de Galicia. A da Coruña, maioritaria en canto a representación dos pósitos, foi a que decidiu esas datas para unha veda que, se ben se achega ás formulacións que propoñían as confrarías de Lira, Muros e Fisterra -entre outras- non da resposta a aqueles pósitos que manteñen que o período de veda debe ser de tres meses e que este comece antes da data agora fixada porque, segundo os propios polbeiros comproban a cotío, a estas alturas do ano son moitas as femias ovadas que, no caso de seren capturadas producirían unha perda importante para as novas xeracións de alevíns deste octópodo.Tampouco satisfai totalmente o acordo da Comisión do Polbo aos que consideran que, maís que vedas, debería ser formulada pola Xunta á UE e ó Ministerio de Pesca a realización dun paro biolóxico de tres meses de duración que afectara á totalidade do sector estractivo do polbo e que se subvencionara con cargo ós fondos comunitarios. Hai fondos europeos para este tipo de accións, como lembraban esta noite en Muros, onde se manifestaban tamén a prol de autorizar durante todo o ano un número de nasas por barco e tripulantes que non superaran as 30, ata o máximo actual por día e barco. Deste xeito reduciríase en 20 o número de nasas por barco e tripulante cada xornada.

A veda pretende un equilibrio entre a sustentabilidade biolóxica e a rentabilidade pesqueira, segundo a apreciación da Consellería do Mar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.